O alcalde destaca que a restauración da Muralla do Castro permitirá integrala na cidade

Caballero acode este vindeiro xoves a Madrid para asinar co secretario de Estado de Infraestructuras o convenio para acometer as obras cun importe de 835.000 euros. Amais participará na sinatura do decreto de xubilación anticipada da Policía Local.
Publicado por o día 10/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde destaca que a restauración da Muralla do Castro permitirá integrala na cidade

Este xoves día 13 o Concello e o Ministerio de Fomento asinan o convenio de colaboración para a recuperación e posta en valor da muralla do CastrO. Abel Caballero e Pedro Saura, secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, rubricarán o acordo polo que o Ministerio achega 626.000 euros e o Concello 208.000 cun importe total de 835.000 euros para a remodelación da muralla do século XVII.

Segundo expuxo o rexedor, o obxectivo é abordar a restauración e consolidación do monumento en tres liñas principais: as intervencións de conservación e recuperación de elementos propios da fortaleza, a reorganización da accesibilidade ao monumento empregando a Porta Norte e a integración da fortaleza na paisaxe urbana a través da iluminación e a reestruturación da masa forestal circundante “facéndoa compatible coa integración da fortaleza na cidade”, un aspecto que destacou o alcalde.