O alcalde di que o estudo para buscar a solución definitiva ao abastecemento en Vigo está “desbloqueado”

Abel Caballero confirmou hoxe mércores está a punto de contratarse o estudo que determinará o mellor sistema para garantir o abastecemento de auga en Vigo. Así o anunciou na entrega de premios dun concurso escolar organizado por Aqualia para concienciar sobre a importancia do consumo responsable de auga.
Por o 20/03/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde di que o estudo para buscar a solución definitiva ao abastecemento en Vigo está “desbloqueado”
Compartir en:

Abel Caballero confirmou hoxe mércores está a punto de contratarse o estudo que determinará o mellor sistema para garantir o abastecemento de auga en Vigo. Así o anunciou na entrega de premios dun concurso escolar organizado por Aqualia para concienciar sobre a importancia do consumo responsable de auga. 

O Goberno Central desbloqueou a contratación do estudio que permitirá garantir auga en Vigo nos grandes períodos de seca. O alcalde explicou que o Executivo fará unha transferencia de crédito a pesar de que non se aprobaron os Orzamentos Xerais xa que está moi comprometido coa busca do mellor sistema para solucionar o abastecemento definitivo na área de Vigo. A cidade ten unha pluviosidade elevada, explicou, pero hai un problema de almacenamento e o Goberno Central asumiu o reto de cooperar na procura de solucións, e contrapuxo esta actitude coa da Xunta, que estivo seis anos sen mover un só recurso, engadiu.

Caballero fixo estas declaracións na entrega de premios da XVI edición do Concurso Dixital Infantil Internacional coa participación de 300 escolares, compañeiros dos 12 premiados nesta edición, que levaba por lema,”Auga para Grifus”. Un ano máis Aqualia e Concello organizan un certame que ten por obxectivo concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de auga de calidade e cantidade no noso contorno e fomentar o uso responsable dun ben tan prezado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.