O alcalde eloxia a calidade do produto local no “Degusta Europa”

O Mercado do Progreso acolleu este venres unha das xornadas do programa “Degusta Europa” que organiza a Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello, para poñer en valor os produtos da gastronomía local e de temporada en pratos relacionados co continente europeo.
Publicado por o día 12/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde eloxia a calidade do produto local no “Degusta Europa”

O Mercado do Progreso acolleu este venres unha das xornadas do programa “Degusta Europa” que organiza a Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello, para poñer en valor os produtos da gastronomía local e de temporada en pratos relacionados co continente europeo. 

Abel Caballero enxalzou a calidade do produto de proximidade e a importancia de consumilo, referíndose aos comerciantes do Progreso, e felicitou ao alumnado do CIFP Manuel Antonio pola categoría das elaboracións culinarias que presentaron.