O alcalde eloxia a “gran” organización da Vig Bay na XIX edición desta proba atlética

O rexedor estará en Samil o próximo 8 de abril para dar a saída na XIX edición da Vig Bay que, un ano máis, reunirá a máis de 5.000 afeccionados ao atletismo. Na presentación da proba, o rexedor agradeceu o seu traballo a organizadores, patrocinadores e voluntarios.
Publicado por o día 03/04/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde eloxia a “gran” organización da Vig Bay na XIX edición desta proba atlética

Abel Caballero eloxiou esta mañá o “gran traballo que realizan os organizadores da gran proba da Vig Bay”. Na presentación desta décimo novena edición da medio maratón agradeceu tamén o seu traballo ás forzas de seguridade e aos promotores sen os que non sería posible a organización desta proba, que sairá de Samil o próximo 8 de abril. Tal e como dixo, os máis de 5.000 inscritos, dos que case 900 son mulleres, representan os “mellores valores” do ser humano: esforzo, perseveranza ou deportividade. Unha vez máis, tamén se organizarán actividades solidarias e de responsabilidade co medio ambiente.

Caballero estivo acompañado na rolda de prensa por Pilar Ruíz, coordinadora, Juan González e Ángel Rodal, alcaldes de Nigrán e Baiona, respectivamente; Daniel Benavides, xefe de servizo de Deportes da Xunta; así como de Jorge Martínez, director territorial en Vigo de Abanca, así como do responsable de EDP de Galicia, Andrés Fernández.