O alcalde eloxia a vocación de inserción laboral dos cursos de emprego Formaweb

Abel Caballero visitou esta mañá o Centro de Iniciativas de Emprego onde 15 estudantes se están especializando na confección e publicación de páxinas web. Eloxiou a calidade formativa dun curso que capacitará ao alumnado para introducirse nun mercado laboral cada vez máis tecnolóxico.
Publicado por o día 31/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde eloxia a vocación de inserción laboral dos cursos de emprego Formaweb

O alcalde achegouse esta mañá á segunda edición do obradoiro de emprego Formaweb no que participaban quince alumnos. Logo de eloxiar á calidade da formación, Caballero felicitou aos alumnos por participar nunha iniciativa formativa que lles abrirá moitas portas nun mercado laboral que se está a transformar constantemente e no que son indispensables as competencias tecnolóxicas. O curso, que é de seis meses, impártese no Centro de Iniciativas de Emprego, e os alumnos obterán un certificado de profesionalidade na especialidade de confección e publicación de páxinas web.