O alcalde eloxia os premios da Asociación de Jóvenes Empresarios porque recoñecen “á xente nova que tira pola cidade”

AJE entregará o próximo 28 de novembro o XIV Premio Joven Empresario/a nun acto que se desenvolverá no Centro Social Afundación. Caballero felicitou aos promotores dunha iniciativa vencellada co emprendemento, unha das características do ADN dos vigueses.
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde eloxia os premios da Asociación de Jóvenes Empresarios porque recoñecen “á xente nova que tira pola cidade”

AJE entregará o próximo 28 de novembro o XIV Premio Joven Empresario/a nun acto que se desenvolverá no Centro Social Afundación. Caballero felicitou aos promotores dunha iniciativa vencellada co emprendemento, unha das características do ADN dos vigueses.

O alcalde participou esta mañá na presentación do XIV Premio Empresario/a e Premio á iniciativa emprendedora organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios e que serán entregados o próximo xoves 28 de novembro no Centro Social Afundación. Acompañado por Iván Suárez, presidente, Caballero eloxiou estes premios porque son un recoñecemento “á xente nova que tira pola cidade”.

Estes galardóns pretenden por en valor o esforzo, talento e traballo dos novos empresarios que contribúen ao desenvolvemento económico da nosa comunidade mediante a creación de riqueza e emprego. Os premios supoñen para os gañadores/as a proxección a través de medios e publicidade da súa actividade empresarial.

Na rolda de prensa tamén estiveron presentes o concelleiro de Emprego, Abel Losada, e a vicepresidenta e xerente de AJE, Diana Lameiro e Rosa Fernández, respectivamente.