Abel Caballero repartiu este mércores exemplares da novela “Adiós María” de Xohana Torres nun dos autobuses urbanos da liña C4A, que cubre o traxecto entre a rúa Aragón e Coia. O obxectivo desta iniciativa é achegar a lectura entre a cidadanía viguesa a través dunha historia ambientada na cidade na época na que desaparecen os tranvías e chegan os primeiros autobuses.
A campaña xorde da colaboración entre o Concello, a Editorial Galaxia e a empresa Vitrasa e como primeira acción, o rexedor fixo un tramo do traxecto da liña de transporte urbano, entre a Porta do Sol e o Concello, distribuíndo exemplares da novela entre as persoas que viaxaban no autobús neses momentos.
“Adiós María” publicouse por primeira vez en 1971 e está considerada como unha das obras máis importantes da creación literaria galega do último terzo do século XX. Galaxia volveu editala este ano 2018.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.