O alcalde felicita á Policía Nacional no 196 aniversario da súa creación

Publicado por o día 24/01/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde felicita á Policía Nacional no 196 aniversario da súa creación

Abel Caballero participou este venres na Comisaría de Vigo-Redondela no acto de conmemoración do 196 aniversario da creación da Policía Nacional no que recibiron diplomas varios axentes que veñen de xubilarse a quen felicitou o rexedor. No seu discurso, Caballero recoñeceu o traballo que desenvolve o Corpo “desde a Lei e a Constitución como vertebrador das cidades” e puxo en valor a súa creación “como unha forma de entender a modernidade, a convivencia, as novas necesidades e valores” destacando a profesionalidade dos axentes da Policía Nacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.