O alcalde felicita ao Baloncesto Seis do Nadal polo seu 35 aniversario

Publicado por o día 14/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde felicita ao Baloncesto Seis do Nadal polo seu 35 aniversario

Abel Caballero recibiu este venres a una representación do Club Baloncesto Seis do Nadal -Coia que lle presentou os actos cos que conmemoran os primeiros 35 anos da súa historia. O vindeiro luns 17 de decembro ás 20 horas no Hotel Coia terá lugar a Gala do 35 aniversario na que lembrarán o pasado e presente do Club e, un día antes, o domingo 16 presentarán oficialmente a temporada 2018/2019 no Pavillón Municipal de Navia. O rexedor felicitounos pola traxectoria desenvolvida e desexoulles todo o éxito nesta nova temporada.