O alcalde inaugura a exposición do décimo aniversario de Mostrarte

Publicado por o día 15/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde inaugura a exposición do décimo aniversario de Mostrarte

A primeira planta do Concello exhibe desde este xoves unha recompilación de 35 das obras que formaron parte desta década de historia de Mostrarte, na que participaron arredor de 150 artistas. A exposición repasa dez anos de creación artística viguesa nos espazos públicos de Alcaldía, un proxecto co que o rexedor se manifestou comprometido para lograr que a cultura chegue ás maiorías e a todas as sensibilidades.