O alcalde inaugura a humanización da rúa Fátima que continúa as “imparables melloras na cidade”

O Concello investiu un cuarto de millón de euros na renovación desta rúa e prosegue coas obras en Vía Norte e Párroco José Otero, que van supoñer unha actualización “excepcional” do barrio.
Publicado por o día 13/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde inaugura a humanización da rúa Fátima que continúa as “imparables melloras na cidade”

Cun investimento dun cuarto de millón de euros, o goberno municipal renovou o saneamento, as redes de pluviais e abastecemento e instalou novo mobiliario urbano, nova iluminación, xardineiras e olivos. Para Abel Caballero, a humanización da rúa Fátima era “necesaria” porque “estaba moi degradada” e supón a continuación das “imparables melloras na cidade”.

Amais, explicou que o Concello segue executando as obras de humanización de Vía Norte e a rúa Párroco José Otero cun importe de 2,3 millóns de euros que, ao seu remate, supoñerán unha “mellora excepcional do barrio”. A este progreso súmase, tal e como apuntou o rexedor, a Estación de Thom Mayne “unha das grandes obras da historia da cidade” cuxa primeira pedra se poñerá este próximo venres.