O alcalde inaugura a humanización do último treito da rúa María Berdiales

Abel Caballero acudiu este mércores á inauguración da humanización do último treito da rúa María Berdiales, entre Hernán Cortés e Gran Vía. O alcalde destacou o investimento de case 200.000 euros para renovar toda a zona.
Publicado por o día 31/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde inaugura a humanización do último treito da rúa María Berdiales

O alcalde inaugurou este mércores a humanización do treito de María Berdiales, entre a Avenida da Gran Vía e a rúa Hernán Cortés, cun investimento de 194.609 euros.

A lonxitude da actuación foi de 75 metros e a superficie total chegou ata os 988 metros cadrados. O Concello renovou así 211 metros de tubaxes, 61 metros de saneamento e 150 metros de abastecemento.

Ademais, foron cambiados os pavimentos, con beirarrúas de granito e mantivéronse as catro prazas de aparcamento existentes, ademais de habilitar unha zona de carga e descarga de 12 metros de lonxitude.

Na rúa tamén instalouse unha nova rede de rego e rede de alumeado, con novas canalizacións, cinco farois e luces LED de alto rendemento. Igualmente, hai novo mobiliario urbano, con papeleiras, bancos e sinalización horizontal e vertical. Por último, mantense os 10 árbores existentes, con novos alcorques.