O alcalde inaugura Koopera Store Vigo, unha tenda de roupa de segunda man”excepcional”

Caballero cualificou esta mañá Koopera Store Vigo como “un punto de encontro excepcional entre persoas para o benestar colectivo”. Durante a inauguración desta tenda -situada na rúa peonil do Calvario-, eloxiou unha iniciativa impulsada por Cáritas que prevé a creación de emprego social sostible a través de establecementos de roupa de segunda man.
Publicado por o día 13/07/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde inaugura Koopera Store Vigo, unha tenda de roupa de segunda man”excepcional”

O alcalde de Vigo participou esta mañá na inauguración de Koopera Store Vigo, na rúa peonil do Calvario. Acompañado polo Bispo da Diocese, Luis Quinteiro e o director de Cáritas, Gonzado Davila, Caballero defendeu iniciativas como esta porque “a pesar dos avances tecnolóxicos ten que seguir habendo valores que nunca serán suplidos pola tecnoloxía” como os que representa este establecemento de segunda man: igualdade e solidariedade. Dirixiuse especialmente aos promotores da iniciativa e aos traballadores “desta aparentemente humilde pero excepcional” tenda aos que se referiu “como xigantes cunha alma e un corazón que ocupa todo o espazo”. Rematou felicitando a todos os que participaron na posta en marcha de algo que “é moito máis que unha tenda, é un punto de encontro entre persoas para o benestar colectivo”.

No acto de inauguración tamén estiveron presentes o director xerente de Koopera, Javier Mariño, así como os concelleiros, Ángel Rivas e Chus Lago.