Abel Caballero ofreceu este luns o calendario dos traballos de acondicionamento das pistas de atletismo de Balaídos, que xa comezaron con previsión de ter finalizadas as obras o 17 de febreiro. A partir de entón, a Real Federación Española de Atletismo terá que homologar as pistas por acoller “alta competición”, anotou o alcalde.
A este respecto, Abel Caballero recordou que as pistas de atletismo de Balaídos son “instalacións supramunicipais”, empregadas por deportistas de toda a área de Vigo. “Tería que ser a Xunta, polo seu carácter supramunicipal, a responsable das instalacións e do seu mantemento”, aseverou o alcalde, “pero como non o fai a Xunta, faino a cidade”.
No seu “aviso a navegantes”, Caballero preguntouse “quen paga as pistas de alto rendemento de Pontevedra”, pois as pistas de Balaídos “son de Vigo, as paga Vigo e están a utilizalas atletas de todo o territorio, porque a Xunta fai deixamento da súa responsabilidade e da súa obrigación”.
Noticias de última hora en Vigo