O alcalde insiste no consumo responsable de auga na entrega de premios do concurso de debuxos de Aqualia

Abel Caballero achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal para participar na entrega dos premios da XV Edición do Concurso Dixital Infantil Internacional de Aqualia. Baixo o lema “Misión Depuración”, presentaron a súas creacións alumnos de máis de 30 colexios e se entregaron 12 galardóns.
Publicado por o día 10/04/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde insiste no consumo responsable de auga na entrega de premios do concurso de debuxos de Aqualia

Un ano máis a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Auga e o Concello de Vigo, realizaron a entrega de premios do Concurso Dixital Infantil Internacional de Aqualia coa participación de preto de 300 escolares, compañeiros dos 12 premiados nesta XV edición “Misión Depuración!”. No acto participou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Un encontro que deu comezo coa entrega de premios do concurso de debuxo dixital, unha actividade na que os nenos e nenas tiñan que mostrar nas súas composicións creativas como sería o seu planeta perfecto achegando todo o que aprenderon sobre a depuración e a reutilización. Ademais de que adquiran uns hábitos responsables con respecto ao uso da auga no relativo, sobre todo, ao seu consumo.

“O obxectivo deste concurso, que xa vai por quince edicións, é aprender dunha forma divertida cal é o ciclo integral da auga e concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de realizar un consumo responsable dun ben tan prezado como o que temos. Nesta edición, os nenos e nenas plasmaron o seu coñecemento sobre depuración e reutilización nunha contorna dixital, xa que tiñan todos os materiais ao seu alcance na páxina www.misiondepuración.gal. En definitiva, trátase de aprender xogando” asegura José María Ardoy, director de Aqualia en Vigo.

Os nenos deixaron voar a súa imaxinación viaxando a outros planetas e plasmando nos seus debuxos desde elementos futuristas ata grandes cultivos ou depuradoras de auga, destacando en todo momento un futuro máis verde.

O certame contou con máis de 8.500 participacións en toda España e dos 10 gañadores individuais atópase unha escolar viguesa:

E 11 escolares vigueses que recibiron o premio finalista:

Desde a organización do certame apuntan que o obxectivo era fundamentalmente que plasmasen o seu coñecemento sobre a última etapa da xestión do ciclo da auga, a depuración e reutilización desta, nunha viaxe planetaria. Hidrokid, Superaquas e outros personaxes foron fonte de inspiración dos pequenos neste divertido reto, potenciando a súa creatividade á vez que a súa concienciación sobre a auga.

Dimensión internacional

O concurso, que alcanza este ano a XV edición, ten dimensión internacional. Ademais de en España, convócase en Portugal, Italia e República Checa, países nos que Aqualia está presente xestionando o ciclo integral da auga en varios municipios e territorios.

O Concurso Dixital Infantil Internacional é xa un referente para os municipios nos que
Aqualia está presente. Desde a organización do certame sinalan que están “orgullosos de cumprir 15 anos. A colaboración cos centros escolares e os concellos no desenvolvemento desta acción é extraordinaria e cada ano vai a máis”.

Foto dos escolares coa organización e Abel Caballero e David Regades