O alcalde mostra o seu apoio ao labor da Asociación Española contra o Cancro de Vigo

Publicado por o día 05/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde mostra o seu apoio ao labor da Asociación Española contra o Cancro de Vigo

Abel Caballero visitou este martes a mesa informativa que a entidade instalou no Farol de Urzáiz xunto a unha exposición de retratos de persoas que padecen cancro e dos seus familiares. O obxectivo é convidar á sociedade viguesa a que descubra as emocións desta realidade. O rexedor trasladoulles o apoio do seu goberno ás actividades e ao labor que desenvolven na cidade