O alcalde, “orgulloso” de humanizar a rúa Camilo José Cela logo de anos de “desatención”

Abel Caballero visitou este martes os traballos de reforma que acomete o Concello na rúa, cun orzamento próximo aos 700.000 euros. O rexedor denunciou o estado “lamentable” das redes de servizos dunha rúa obxecto de “desatención” polos anteriores alcaldes e alcaldesas, que a tiveron “abandonada”.
Publicado por o día 18/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde, “orgulloso” de humanizar a rúa Camilo José Cela logo de anos de “desatención”

O Goberno de Vigo está a humanizar a rúa Camilo José Cela, próxima á Avenida de Beiramar, cun orzamento que se achega aos 700.000 euros. Segundo detallou Caballero logo dunha visita á obra, o Concello actúa sobre 120 metros lonxitudinais de rúa nunha “humanización de alcance”.

O alcalde referiuse ao estado “lamentable” das redes soterradas de servizos, que serán renovadas na súa totalidade. Así, e dado o estado “moi deteriorado” das canalizacións, o goberno vigués cambiará case que 250 metros do saneamento e outro tanto das pluviais, e máis de 300 metros da rede de abastecemento de auga.

A actuación contempla ademais arborado, iluminación LED, novas papeleiras, bancos e xardineiras, enumerou Caballero, quen amosouse “moi orgulloso” desta humanización, pois a rúa Camilo José Cela non foi atendida desde que se abriu, “abandonada” polos anteriores alcaldes e alcaldesas da cidade.