O alcalde pide que se duplique o número de PCRs, rastrexadores e persoal sanitario en Vigo

Abel Caballero reclamou este martes á Xunta de Galicia que incremente substancialmente o número de probas PCR que se fan en Vigo e a súa área sanitaria para combater a pandemia do Covid-19. Ademais, esixiulle á administración autonómica que duplique os rastrexadores e o persoal sanitario.

“Estamos moi atentos á evolución da pandemia na área sanitaria, seguemos sen datos de Vigo e a situación, dentro da gravidade, é menos mala que noutras zonas de Galicia e España”. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes na necesidade de que a poboación estea mentalizada fronte a pandemia do Covid-19, pero tamén reclamou ao Goberno galego que dispoña de máis medios para combater a crise sanitaria.

“Cando falan da gravidade da situación de Vigo temos que ter en conta que a comparación non se pode facer en termos absolutos, a información da Xunta conduce a erros, non digo enganosa, a situación é complexa porque non teño datos”, afirmou durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

En calquera caso, o rexedor insistiu na necesidade de facer máis PCRs. “A Xunta ten que dobrar o número de PCRs en Vigo e área, entre 2.500 e 3.000 ao día, porque é a forma de detectar os positivos e contaxiados, para illar”, sinalou.

No mesmo senso, o alcalde apuntou que tamén é preciso dobrar o número de rastrexadores en Vigo e aumentar substancialmente o número de médicos e sanitarios. “A Atención Primaria está totalmente desbordada, xa é hora de que doten de persoal médico, tardan tres días en responder á xente con síntomas”, engadiu.

Reunión co ministro de Sanidade

Ademais, Abel Caballero mantivo este martes unha reunión cos ministros de Sanidade, Salvador Illa, e de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario