O alcalde reclama á Xunta apoio a Cogami na volta aos colexios e centros de día

Abel Caballero recibiu este luns aos responsables da Confederación galega de persoas con discapacidade (Cogami), que trasladan dificultades para cumprir as normas autonómicas ante o Covid-19. “Creo que os protocolos teñen que ser estritos pero teñen que ter apoio e axuda para cumprilos”, asegurou o alcalde.
Publicado por o día 31/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde reclama á Xunta apoio a Cogami na volta aos colexios e centros de día

Xunto á elaboración dos protocolos, “a Xunta ten que establecer os mecanismos de financiamento cos recursos que recibe do Goberno de España”, afirmou Abel Caballero en rolda de prensa.

Nos centros de día e na educación das persoas con discapacidade, Cogami considera inviable nalgúns casos o cumprimento da normativa autonómica derivada do coronavirus, ao supor máis persoal, máis medios materiais e de prevención e sistemas de transporte distintos. “Trataremos de cooperar con eles para dar resposta a estas cuestións, que son todas do ámbito da Xunta de Galicia”, concluíu o alcalde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.