O ente, conformado ao 90% pola Xunta de Galicia e ao 10% polo Concello, estase a esgotar o capital inicial dotado polo anterior goberno autonómico presidido por Emilio Pérez Touriño, segundo revelou este xoves Abel Caballero, o que implica “que practicamente non ten actividade”.
O capital fundacional -de 20 millóns de euros, recordou o alcalde- e o propio funcionamento do Consorcio permitiu a súa operatividade ata o de agora, que vai “ralentizado”, en verbas de Caballero.
Así, e para “multiplicar por dez” o investimento do Consorcio na recuperación da zona vella da cidade, o alcalde de Vigo esixe á Xunta de Galicia que inclúa unha partida de 5 millóns de euros ao efecto no proxecto de orzamentos para o próximo ano, unha cantidade que sería ampliada polo Concello de Vigo coa “parte que nos corresponda”.
Noticias de última hora en Vigo