O alcalde recomenda “consumo responsable” de auga e avanza medidas se Eiras baixa do 80%

Abel Caballero informou de que o encoro de Eiras se atopa ao 87,21% da súa capacidade. “Estamos ben”, anotou o alcalde, quen explicou que o pequeno tamaño de Eiras -que só acumula auga para seis meses- invita á cautela e ao “consumo responsable todo o ano”. Anunciou medidas de control se o volume baixa do 80%.
Por o 21/08/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde recomenda “consumo responsable” de auga e avanza medidas se Eiras baixa do 80%
Compartir en:

Abel Caballero informou de que o encoro de Eiras se atopa ao 87,21% da súa capacidade. “Estamos ben”, anotou o alcalde, quen explicou que o pequeno tamaño de Eiras -que só acumula auga para seis meses- invita á cautela e ao “consumo responsable todo o ano”. Anunciou medidas de control se o volume baixa do 80%.

O plan municipal de emerxencia en caso de seca fixa a entrada en fase de alerta cando restan cen días de auga embalsada. En todo caso, Abel Caballero avanzou que tomaría decisións antes, se Eiras baixa do 80% da súa capacidade, unhas primeiras medidas de “control” ante a eventualidade dun outono seco.

Eiras atópase actualmente ao 87,21% da súa capacidade mentres que Zamáns, máis pequena, está no 77,5%. Na práctica son os mesmos datos de 2018 a estas alturas, un ano bo en termos de pluviosidade. Caballero recomendou igualmente “consumo responsable todo o ano” xa que Eiras só acumula auga para seis meses, cando o habitual é dous anos, explicou, en encoros que abastecen a poboación equivalente á de Vigo e a súa área.

O alcalde vigués recordou que, na seca de 2017, a Xunta de Galicia comprometera a construción dun transvase de emerxencia que Vigo se ofreceu a pagar: “pasaron dous anos e nin sequera moveron un só papel”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.