O alcalde recomenda “vivamente” á cidade que visite a mostra de arte galega da Pinacoteca

Caballero visitou este xoves a exposición “Museo Quiñones de León. Novas incorporacións de arte galego 2015-2020”, que se inaugura ás 20:00 horas na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, e que inclúe unha selección ampla dos fondos que ingresaron na colección do Concello nos últimos cinco anos.
Publicado por o día 13/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde recomenda “vivamente” á cidade que visite a mostra de arte galega da Pinacoteca

Trátase de doazóns e de depósitos recibidos neste período, nalgúns casos de autores que ata agora non tiñan representación na colección municipal.

“Recomendo vivamente á cidade que se achegue a vela porque recibimos unha obra artística e pictórica magnífica”, apuntou o alcalde, que destacou a obra do grande artista Tomás Barros e dúas series de tintas que Isaac Díaz Pardo produciu para os proxectos literarios de poética de Tomás Barros; unha colección que se daba por perdida a foi descuberta polo fillo de Barros, explicou Caballero.

“Museo Quiñones de León. Novas incorporacións de arte galego 2015-2020” amosa tamén obras de paisaxistas como Abelardo Bustamante ou Carlos Sobrino; o pintor compostelán López Garabal ou Xosé Guillermo, un pintor con enorme proxección en Vigo e do que se presenta un singular autorretrato.

Poden verse tamén depósitos temporais cedidos polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía con obras de Xosé Freixanes e Colmeiro e a cesión temporal da colección do Círculo Mercantil de Vigo con obras de autores como Lodeiro, Sevillano, Sobrino ou Antonio Fernández.

Comentar noticia

Your email address will not be published.