O alcalde recoñece o “excepcional” traballo dos máis de 1.200 voluntarios na crise do Covid-19

Desde que o Concello habilitara unha sección adicional dentro do voluntariado municipal con motivo da crise sanitaria, xa son 1.217 as persoas que cooperan la realización de compra de alimentos, medicamentos, reparto de máscaras ou paquetes de libros desde os colexios. Na habitual rolda de prensa telemática, Caballero recoñeceu o excepcional traballo desinteresado que realizan estes voluntarios.
Publicado por o día 13/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde recoñece o “excepcional” traballo dos máis de 1.200 voluntarios na crise do Covid-19

Con motivo da crise sanitaria, o Concello implementou o pasado 17 de marzo unha sección adicional para o Covid-2019 dentro da Oficiña Municipal de Voluntariado da que xa forman parte 1.217 persoas, o que supón “unha mobilización extraordinaria”, en verbas do rexedor. O Concello dispón dunha ferramenta web para situar a todos os voluntarios sobre un mapa de Vigo o que permite localizar ás persoas máis próximas á cada unha das demandas. Todos eles usan a súa correspondente máscara, louvas e xel desinfectante, cumprindo todas as medidas de seguridade e todos eles recibiron formación básica en voluntariado e en coronavirus.

Compra de alimentos, de medicinas, baixar o lixo, acompañamento, reparto máscaras, de ordenades, distribución de 1.235 paquetes de libros e material escolar desde os colexios aos domicilios dos estudantes son só algunhas das accións que desenvolven a diario estes voluntarios. Tamén cooperan con outras entidades como co Hospital Vithas Vigo no reparto a de medicamentos hospitalarios a pacientes que están nas súas casas; co Sergas, atendendo a enfermos domiciliarios facéndolles a compra ou supervisando a administración de medicamentos; facendo acompañamento cos usuarios da ONG Grandes Amigos ou da Fundación Aldaba; axudando a preparar bolsas de alimentos con Médicos do Mundo ou cooperando co reparto de equipos informáticos coa Asociación Asdegal e con Hoy por tí. Este equipo de voluntarios tamén colabora no reparto de máscaras ás seguintes entidades sociais da cidade: Comedor de la Esperanza-Hogar San José, Fundación Meniños, Afaga, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Aldaba, Rede de Mulleres contra os malos tratos e APAMP.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.