O alcalde refirese ao proxecto do albergue da Xunta en Vigo a “un proxecto que xa estaba presentado”

Publicado por o día 27/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde refirese ao proxecto do albergue da Xunta en Vigo a “un proxecto que xa estaba presentado”

O alcalde tamén se referiu á visita que fixo onte a Vigo o conselleiro de Turismo, Román Rodríguez, para presentar un albergue de peregrinos no Berbés, “un proxecto que xa estaba presentado”. De feito, o 10 de abril, a Xunta entregou no Concello un proxecto básico para pedir a licenza de obra. O 23 de xuño reuniuse a Comisión de Seguimento do PEPRI Casco Vello que emitiu informe favorable, co que se iniciou a tramitación administrativa da licenza. Onte mesmo, a Xerencia de Urbanismo requiriu á Xunta documentación que, sorprendentemente, non aportara: aval para as obras de urbanización e folla de dirección técnica das obras. Tal e como indicou o rexedor, unha vez entregada, concederáselles licenza sobre proxecto básico, pero aínda non se recibiu o proxecto de execución, sen o que non poden, ni tan sequera, iniciar as obras. Unha vez máis, apostilou, “a Xunta veu a Vigo a facerse unha foto”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.