Abel Caballero animou de novo a toda a cidadanía a participar na manifestación en defensa da Sanidade que sairá o xoves 12 ás 20,00 h desde Vía Norte. O rexedor apoia esta mobilización convocada pola Xunta de persoal do Chuvi que denunciará, entre outros aspectos, as deficiencias estruturais do Álvaro Cunqueiro, que “so están sendo parcialmente paliadas polo entusiasmo dos seus traballadores”. O alcalde animou a toda a cidade a reclamar un aparcamento gratuíto para o hospital, solucións para que Vigo deixe de ter as listas de agarda máis longas de Galicia ou para que a Atención Primaria deixe de estar masificada por falta de persoal. Neste punto, lembrou que o Goberno de Feijóo non só non construíu ningún dos 5 centros de saúde comprometidos polo goberno autonómico socialista, senón que pechou un.
Noticias de última hora en Vigo