O alcalde reúnese con 120 empresarios galegos para celebrar os catro anos de BNI Milenium Pontevedra

Será ás 19.00 horas no Liceo Casino de Pontevedra
Por o 03/12/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
O alcalde reúnese con 120 empresarios galegos para celebrar os catro anos de BNI Milenium Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, reúnense mañá pola tarde co grupo de empresas BNI Milenium Pontevedra, que acaba de superar os 4,3 millóns de euros de negocio. As 34 empresas e profesionais que conforman actualmente o grupo pontevedrés de BNI conmemoran deste xeito o seu cuarto aniversario, acompañados de 120 representantes de empresas, todas elas integrantes dos grupos de BNI ‘Up’ de Vigo, ‘Silgar’ de Sanxenxo e ‘Stellae’ de Santiago de Compostela.

A reunión será unha xornada de traballo na que se compartirán as experiencias e sinerxias acumuladas nos catro anos de actividade.

BNI (Business Network International) é unha organización profesional de networking que ten como obxectivo o fomento do intercambio de referencias cualificadas de negocios, facilitando deste xeito novos clientes para os seus integrantes a través dun programa estruturado de marketing por recomendacións. En España existen 119 grupos activos, 31 deles en Galicia, con máis de 3.215 membros. A nivel mundial operan máis de 8.000 grupos e 200.000 membros en 70 países.

Actualmente o grupo ‘BNI Milenium’ de Pontevedra conta con 34 empresas integrantes, pero a longo dos últimos catro anos tomaron parte activa nesta organización máis dun cento de compañías, que se sumaron ás oportunidades de negocio e viron fortalecidas as súas áreas de traballo.

Estes empresarios reúnense un día á semana para participar nunha sesión de networking estruturado establecido na axenda semanal na que se presentan as empresas e realizan un intercambio de referencias en busca de novos negocios.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.