O alcalde salienta a “inmensa capacidade de renovación e de xerar actividade” dos vigueses

Durante a clausura do programa “Diálogos que impulsan” no que influencers como David Meca ou Pau García Milá compartiron con empresarios de Vigo experiencias motivadoras, o rexedor destacou a capacidade empresarial e económica da cidade.
Publicado por o día 05/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde salienta a “inmensa capacidade de renovación e de xerar actividade” dos vigueses

Durante a clausura do programa “Diálogos que impulsan” no que influencers como David Meca ou Pau García Milá compartiron con empresarios de Vigo experiencias motivadoras, o rexedor destacou a capacidade empresarial e económica da cidade.

O programa de apoio ao tecido empresarial “Diálogos que impulsan” celebrou esta mañá en Vigo unha das xornadas coas que percorren toda España para compartir o coñecemento e as experiencias dos relatores e as marcas e axudar así ás compañías para crecer e crear valor.

“A base dos vigueses é a nosa inmensa capacidade de renovación e de xerar actividade”, afirmou Caballero na clausura do evento, á vez que expresou o seu “orgullo de ser alcalde dunha cidade capaz de abrirse oco en ámbitos complicados como a automoción e o mar”. “Ofrézovos a miña axuda para o que este concello poida facilitarvos nas vosas empresas”, dixo aos emprendedores.

O evento contou con dous dos principais influencers do momento en materia de innovación e motivación, Pau Garcia Milá e David Meca, ademais do aval de sete grandes compañías, líderes nos seus respectivos sectores, como son Orange, Grupo Santander, Endesa, AXA, Ecoembes, UniversalPay y GoFit.
David Meca apostou pola motivación para alcanzar o éxito. “Un campión do mundo de natación, un empresario ou unha persoa de éxito na vida non nace, faise con constancia, loita, esforzo, sacrificio… Pero especialmente o que nos vai a facer ser campións sexa ao que sexa ao que nos dedicamos é a ilusión e a paixón que lle poñamos ás cousas”.