O alcalde salienta o bo funcionamento do sistema de seguridade nas praias

Segundo expuxo, a Policía Local informou do cumprimento das normas por parte dos bañistas nas praias malia que tiveron que impoñer 60 denuncias durante a fin de semana polo uso da máscara de protección.
Publicado por o día 27/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde salienta o bo funcionamento do sistema de seguridade nas praias

Abel Caballero detallou que os axentes impuxeron 10 denuncias o venres, 39 o sábado e 11 o domingo “un número reducido en función do número de cidadáns que debía cumprir coa obriga de levala”,

Así, considera “moi bo” o funcionamento do sistema de seguridade sanitaria nas praias da cidade durante esta fin de semana ao manterse a distancia social entre os bañistas en tódalas praias; bañista que maioritariamente levaban a máscara e, aquelas persoas que non o facían, era por “despiste” que corrixían ao seren advertidas polo axentes.

Con todo, a Policía Local continúa vixiando e informando da obrigatoriedade de uso da máscara en cumprimento da normativa.

A Policía Local informou do cumprimento das normas por parte dos bañistas nas praias malia que tiveron que impoñer 60 denuncias durante a fin de semana polo uso da máscara de protección.

Comentar noticia

Your email address will not be published.