O alcalde saúda a “ambición” dun acordo Porto-Zona Franca con “grandes vantaxes” para as partes

O Consorcio e a Autoridade Portuaria rubricaron un protocolo de actuacións para o impulso e desenvolvemento económico de Vigo e a súa área, eloxiado este luns por Abel Caballero por afrontar cuestións “tan importantes da conexión Porto-cidade”. O texto inclúe un novo aparcamento en Montero Ríos, pactos na terminal de Bouzas e nos xardíns de Areal.
Publicado por o día 27/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde saúda a “ambición” dun acordo Porto-Zona Franca con “grandes vantaxes” para as partes

O subscrito pola Zona Franca e o Porto é un “acordo excepcionalmente importante, clave para esta cidade”, en verbas do alcalde vigués, unha “operación de enorme ambición” que ofrece “grandes vantaxes” para as partes e para a cidade de Vigo.

En primeiro lugar, o protocolo “abre a vía” para resolver asuntos relevantes para a actividade portuaria, como a terminal de Bouzas, e “a través do Porto respira a economía de Vigo”. Caballero puxo o énfase nas consecuencias do texto para a cidade, en particular, coa liquidación do convenio “Abrir Vigo ao mar” e a inclusión dun novo aparcamento en Montero Ríos, duns 11.000 metros cadrados de superficie, nunha zona que demanda maior capacidade de estacionamento para vehículos. O soterrado conectaría o da Praza da Estrela co coñecido como o robotizado da Laxe que xestiona en concesión a Zona Franca e suporá tamén, segundo explicou o rexedor, acometer en superficie unha “humanización moderna”.

O protocolo refírese ademais aos xardíns e pistas de ocio de Areal, titularidade do Porto de Vigo, contemplando a posibilidade de que se transformen en “zona cidade”, e no entorno ferroviario de Guixar, no tramo de García Barbón máis próximo a Teis, se establece unha fórmula de cooperación que redundaría nunha zona de uso público para a cidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.