Na presentación deste xoves tomaron parte xunto ao alcalde a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, os propios Bargiela e Ageitos, Celso Mijón en representación de La Caixa e Nacho Fernández, participante do proxecto.
“Movendo Camiños” comezou este mes de xaneiro e conclúe en marzo, co obxectivo de que os participantes poidan completar a carreira do 31 de marzo na súa distancia de cinco quilómetros. A longo prazo, e despois duns adestramentos dirixidos por Bargiela e Ageitos, a finalidade é “aprender e comprender”, en verbas de Abel Caballero, os beneficios do deporte como forma de prevención e mellora do benestar e dun estilo de vida saudable.
O alcalde valorou este “gran proxecto” que realiza a asociación e agradeceu a participación dos atletas, que dotan de “calidade” e “nivel” á iniciativa. Caballero, que tamén agradeceu a cooperación da obra social de La Caixa, amosouse “encantado” de apoiar a Érguete: “é unha honra para este Concello”.
Na práctica, a nova proposta de Érguete tradúcese na creación dun grupo de traballo no que se fomentan os hábitos de vida saudables a través da práctica do running, con adestramentos colectivos dous días por semana e exercicios por conta propia no resto das xornadas da semana.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.