O alcalde subliña o bo funcionamento dos campamentos municipais de verán

O Concello de Vigo vén de despedir os campamentos de verán deste 2020, que remataron con gran éxito no seu desenvolvemento. O rexedor resaltou o bo funcionamento dos protocolos anticovid implementados no conxunto das 3.000 prazas ofertadas.
Publicado por o día 24/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde subliña o bo funcionamento dos campamentos municipais de verán

Rematados o pasado venres, 21 de agosto, o alcalde fixo esta mañá un balance moi positivo dos campamentos organizados este verán polo Concello. Baixo estritos controis anticovid, organizáronse actividades de ocio deportivas, culturais, de inmersión lingüística, de contacto coa natureza, para persoas con discapacidade… Tal e como explicou, foron 3.000 prazas que se desenvolveron sen incidencias, con protocolos que illaban a grupos de dez nenos ou nenas, sempre co mesmo monitor ou monitora. De feito, o alcalde recoñeceu en rolda de prensa que foron moitas as familias que felicitaron ao servizo municipal polo éxito desta actividade de fomento da conciliación familiar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.