O alcalde traslada a “satisfacción de toda a cidade” pola declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional

Abel Caballero reuniuse este xoves coa ministra de Turismo, Industria e Comercio, Reyes Maroto, e a secretaria de Estado, Isabel María Oliver Sagreras, que lle fixeron entrega desta distinción.
Por o 18/07/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde traslada a “satisfacción de toda a cidade” pola declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional
Compartir en:

Abel Caballero reuniuse este xoves coa ministra de Turismo, Industria e Comercio, Reyes Maroto, e a secretaria de Estado, Isabel María Oliver Sagreras, que lle fixeron entrega desta distinción.

“É un mérito da cidade” sinalou o rexedor ao remate do encontro en Madrid no que estivo acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra e primeira tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, e polo delegado de Zona Franca, David Regades.

Abel Caballero destacou que a consecución deste título honorífico é “froito do traballo discreto e continuo co Ministerio” e amosou “a satisfacción de toda a cidade” pola declaración da Reconquista da Vila de Vigo como Festa de Interese Turístico Nacional. Así, transmitiu os seus parabéns “á cidade e a tódalas persoas que traballan por esta festa”. “Somos o Vigo que o consegue todo”, sentenciou.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.