O alcalde traslada o seu “apoio total” ao persoal de Povisa e á calidade asistencial

Abel Caballero mantivo un encontro este luns co comité de empresa do centro hospitalario tras a súa venda ao grupo Ribera Salud amosando o seu respaldo aos 1.500 traballadores e a esixencia da calidade asistencial aos usuarios.
Publicado por o día 07/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde traslada o seu “apoio total” ao persoal de Povisa e á calidade asistencial

No encontro participaron representantes dos sindicatos CIG, CCOO, UNENF, CGT-SGPS e USO aos que o rexedor lles transmitiu o “apoio total aos 1500 traballadores de Povisa para que sigan tendo estabilidade e seguridade laboral”, de maneira, dixo, “que non se perda nin un só posto de traballo”.

Ademais, Caballero esixiu a garantía da calidade asistencial para os 135.000 usuarios públicos de Povisa, preto de 80.000 dos pacientes son de Vigo e “son atendidos cunha calidade reseñable e iso ten que manterse e mellorarse”, polo que subliñou a importancia de que o novo grupo propietario do hospital destine unha parte da recapitalización a mellorar as condicións que os “traballadores o persoal leva anos reclamando”.


Comentar noticia

Your email address will not be published.