O alcalde traslada o seu “pesar” polo falecemento do economista e político vigués Carlos Mantilla

Decano-presidente do Colexio de Economistas de Galicia desde o ano pasado, Mantilla foi concelleiro en Vigo e candidato á Alcaldía en 1987 polo PP, vicepresidente provincial, senador e deputado no Congreso en distintas etapas. Abel Caballero recoñeceu o seu “traballo por esta cidade” e manifestou o seu “pesar” no nome da cidade á súa familia, aos seus amigos e ao Partido Popular.
Publicado por o día 24/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde traslada o seu “pesar” polo falecemento do economista e político vigués Carlos Mantilla

Decano-presidente do Colexio de Economistas de Galicia desde o ano pasado, Mantilla foi concelleiro en Vigo e candidato á Alcaldía en 1987 polo PP, vicepresidente provincial, senador e deputado no Congreso en distintas etapas. Abel Caballero recoñeceu o seu “traballo por esta cidade” e manifestou o seu “pesar” no nome da cidade á súa familia, aos seus amigos e ao Partido Popular.

Carlos Mantilla “adicou a súa vida a traballar por esta cidade”, valorou este martes o alcalde en rolda de prensa, na súa faceta como profesional da avogacía e da economía e tamén no eido da política. Nas filas do Partido Popular, o vigués foi edil no Concello de Vigo entre 1983 e 1991 e optou á Alcaldía no ano 1987, exerceu tamén como vicepresidente da Deputación de Pontevedra entre 1987 e 1991, e foi senador e deputado no Congreso.

“Coincidín con Mantilla sendo deputado no Congreso”, recordou Caballero este martes, e no seu nome propio e no da cidade de Vigo, o alcalde lanzou unha “aperta entrañable e o pésame” á súa familia, amigos e ao Partido Popular, cun “recoñecemento ao seu traballo” e aos “moitos esforzos” que lle dedicou á cidade.