O alcalde trasladará ao Imserso o descontento da cidade cos voos para maiores

Abel Caballero esixiu este martes un “reparto equilibrado” das viaxes entre os tres aeroportos galegos que, nestes momentos, son insuficientes para o que Vigo “demanda e precisa”.
Publicado por o día 15/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde trasladará ao Imserso o descontento da cidade cos voos para maiores

Abel Caballero esixiu este martes un “reparto equilibrado” das viaxes entre os tres aeroportos galegos que, nestes momentos, son insuficientes para o que Vigo “demanda e precisa”.

O rexedor explicou que malia que Vigo ten este ano máis voos que o anterior son “claramente insuficientes para o que a cidade demanda, para o que a cidade precisa” e pediu un reparto desequilibrado das viaxes para maiores entre os tres aeroportos de Galicia.

Caballero adiantou que lle está trasladando ao director xeral do Imserso a “absoluta insatisfacción e desconformidade” da cidade pola forma na que as empresas concesionarias dos voos están operando en Vigo e nos aeroportos galegos e que “lle fará chegar que a cidadanía da terceira idade usuaria das viaxes ten os mesmos dereitos en Vigo e noutro lugar de España”, polo que esixiu “un cambio radical na forma de entender o Imserso e os voos do Imserso”.

O alcalde olívico apela a un “reparto equilibrado” dos voos entre os tres aeroportos galegos, tendo en conta que a atención a Vigo está por debaixo do que “ten dereito por poboación e pola poboación que atendemos” e rexeitou que os autobuses para desprazarse a outros aeroportos saian desde Pontevedra e non desde Vigo cando é a “cidade máis importante do noroeste peninsular xunto con Bilbao e Valladolid”. Así, destacou que “seguirei defendendo a cidade e o aeroporto”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.