O alcalde valora o compromiso co deporte e a integración de Iberconsa, novo patrocinador principal do AMFIV

Publicado por o día 04/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde valora o compromiso co deporte e a integración de Iberconsa, novo patrocinador principal do AMFIV

Abel Caballero participou este martes na presentación oficial de Iberconsa como novo patrocinador principal do AMFIV, o club vigués de baloncesto en cadeira de rodas, onde eloxiou á entidade deportiva e tamén a entrada da empresa neste proxecto de deporte e integración.