O alcalde visita o Parque de Nadal que ofrece actividades para nenas e nenos de 0 a 12 anos

Publicado por o día 26/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde visita o Parque de Nadal que ofrece actividades para nenas e nenos de 0 a 12 anos

O Auditorio Mar de Vigo acolle desde este mércores e ata o domingo día 30 un programa de actividades centradas no mundo dos extraterrestres que inclúen manualidades, obradoiros de cociña e maquillaxes, actividades de aventuras e concertos pensados para compartir en familia con cativas e cativos de 0 a 12 anos.