O alumnado de bacharelato do Viso non pode ir en Transporte Público

Publicado por o día 02/10/2018 na sección de Galicia,Redondela

O alumnado de bacharelato do Viso non pode ir en Transporte Público

Dende que deu comezo o presente curso o alumnado de Bacharelato das parroquias de Cesantes e do Viso, non se lle permite usar o transporte escolar, servizo que ata o de agora viña empregando sen ningún tipo de problema.

Esta situación que afecta a preto de 40 alumnos, provoca problemas a moitas familias ao non poder compaxinar os seu horarios laborais, a hora de levalos e recollelos.

“Dende o BNG somos coñecedores que por ser un ensino non obrigatorio, a Administración non ten obriga de prestar este servizo ao alumnado de Bacharelato, máis neste caso a de terse en conta que estes non dispoñen de alternativa de transporte público para asistir as súas clases e tendo sempre presente que estamos falando de alumnos menores de idade” indica o Responsable Local, Anxo Lusquiños

Dende a empresa alegan a falta de capacidade do autobuses que cubren estas liñas, para acoller aos alumnos de ESO e Bacharelato. Situación que provoca un trato discriminatorio destes alumnos cos de outras parroquias, que si dispoñen deste servizo.

Diante desta problemática un grupo de pais e nais xa se dirixiron por escrito a Consellería expoñendo estes feitos, sen que ata o de agora tivesen nigún tipo de resposta, polo que xa se empezaron a xuntarse para compartir coches e facer turnos que permitan aos alumnos asistir as clases

Dende o BNG eximimos unha solución urxente que poña fin a esta situación, que dende logo enmarcamos dentro da campaña de recortes no ensino público que se esta notando de maneira especial no noso concello.

Demandamos da Consellería que se reforce a liñas de transporte e esiximos a intervención do propio alcalde de Redondela.