O Álvaro Cunqueiro conmemora o Día Internacional do Cancro Infantil

A Unidade de Oncoloxía Pediátrica atende a 150 menores da área viguesa, dos que 12 están en fase de tratamento activo
Publicado por o día 14/02/2020 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O Álvaro Cunqueiro conmemora o Día Internacional do Cancro Infantil

O Hospital Álvaro Cunqueiro sumouse hoxe ás Asociacións Bicos de Papel e ASANOG (Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) para celebrar o Día Internacional do Cancro Infantil.

Ademais das accións propiamente informativas, as Asociacións desenvolveron actividades lúdicas dirixidas especificamente a estes pequenos pacientes e fixéronselles entregas de diversos regalos.

Ademais, o artista Manu Escudero interpretou para os nenos e nenas do Hospital de Dia Pediátrico algúns dos temas do seu novo albúm “Manu Escudero -en acústico” que acaba de ser presentado; en especial, el tema “Conmigo vas a contar” composto especialmente para darlles esperanza a estes nenos que están loitando contra unha enfermidade oncolóxica.

150 menores atendidos

O cancro que afecta en maior medida aos menores é a leucemia. Séguenlle os tumores do sistema nervioso central e os linfomas

Durante o pasado ano, no CHUVI foron diagnosticados 22 casos novos. En xeral, a Unidade de Oncoloxía pediátrica do Álvaro Cunqueiro atende a 150 menores da área sanitaria viguesa. A maioría deles están en fase de seguimento en consulta, unha vez concluído o seu tratamento no hospital.

Nestes momentos, hai 12 pacientes en fase de tratamento activo (quimioterápico). O Hospital de Día Pediátrico atende de xeito ambulatorio a unha media diaria de 10 pacientes.

O seguimento dos nenos que xa concluíron o seu período hospitalario oscila entre cinco e dez anos, segundo o tipo de tumor que padezan.

Ademais, nas consultas de oncoloxía pediátrica do CHUVI realízase un seguimento de pacientes con síndromes xenéticos con predisposición ao cáncer, para realizar un diagnóstico de precoz.

Gran melloría dos tratamentos

O cancro infantil non se pode previr polo que os esforzos céntranse en lograr o diagnóstico temperá dos casos, e en dispoñer dos mellores tratamentos, porque é aquí onde reside a clave da supervivencia dos menores e a súa calidade de vida. Segundo

explica a oncóloga da Unidade de Oncoloxía pediátrica do CHUVI, Maria Tallón “nos últimos tempos tense avanzado moito nestas patoloxías, e grazas a unha importante melloría dos tratamentos protocolizados, o índice de supervivencia ven incrementado anualmente. Nestes momentos, segundo reflicten os últimos datos do Rexistro Español de Tumores Infantís, o índice de supervivencia é dun 80%, polo que hai que ser optimistas en relación con estas enfermidades”.

Os puntos claves son un diagnóstico précoz, tratamento protocolizado, seguimento de efectos secundarios, e apoio noutros temas importantes para a familia e os nenos como a escolarización e a reincorporación a súas vidas tras o tratamento.

Escolarización e animación

A atención sanitaria prestada nos hospitais pretende dar unha resposta óptima dende o punto de vista médico, pero tamén quere ofrecer unha atención integral, que comprenda todos os aspectos da esfera psico-bio-social da persoa e da súa familia.

Neste marco, a educación regrada é un elemento esencial. O Álvaro Cunqueiro conta cun Aula Hospitalaria, cun equipo docente de dous profesoras que prestan soporte académico, que permite aos nenos e nenas ingresados manter a súa conexión, tentando que poidan seguer desenvolvendo o programa académico do seu centro.

Ademais da programación académica, préstase especial atención ás actividades lúdicas e de lecer. É un dos obxectivos prioritarios do seu Plan Estratéxico XXI, a humanización das áreas de maior sensibilidade, con especial atención á infancia. Trátase de que os nenos e nenas esquezan ou minimicen o trauma que supón a hospitalización, o chamado “síndrome hospitalario”, e contribuír a facerlles máis grata a súa estadía no centro.

Para isto conta coa colaboración de varias Asociacións como Bicos de Papel, ASANOG, os Doutores Tirita de Berce, Doutores Sonrisa, Magos solidarios de Abracadabra, Galiclown, os Bombeiros de Vigo ou a Cruz Roja entre outras.

Comentar noticia

Your email address will not be published.