O Álvaro Cunqueiro recibiu á segunda promoción de estudantes de enxeñería biomédica

Esta formación universitaria está orientada á investigación e desenvolvemento de equipos electrónicos utilizados nos centros sanitarios para o diagnóstico e a práctica clínica, así como noutros campos das medicina como a Telemedicina, a Xestión sanitaria e equipamento
Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O Álvaro Cunqueiro recibiu á segunda promoción de estudantes de enxeñería biomédica

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo deulle a benvida oficial hoxe aos 50 estudantes da II Promoción de Grao de Enxeñería Biomédica, que recibirán parte da súa formación no Complexo vigués.

Na presentación oficial, presidida polo xerente da EOXI de Vigo, Julio García Comesaña, tamén participaron os coordinadores de Docencia da Escola de Enxeñería da Universidade de Vigo, Juan Pou e Celso Fernández , así como o coordinador hospitalario do Grao de Enxeñería Biomédica, o doutor Alberto Fernández Villar.

A Enxeñería Biomédica aplica os principios da enxeñería ás ciencias da vida. Esta disciplina combina os criterios de deseño en enxeñería e as ferramentas de análise das ciencias para resolver problemas en medicina, bioloxía, biotecnoloxía ou farmacia. Así, esta formación universitaria está orientada á investigación e ao desenvolvemento de equipos electrónicos utilizados nos centros sanitarios para o diagnóstico e a práctica clínica así como noutros campos da medicina como a Telemedicina, a Xestión sanitaria e Equipamento. Isto é, trátase de aplicar os principios e coñecementos da enxeñería industrial, da telecomunicación e informática ao campo da medicina e da tecnoloxía de produtos sanitarios.

Cinco asignaturas completas no hospital

A partir do 2º curso, os alumnos e alumnas cursarán 5 asignaturas completas -teoría e práctica- no hospital: Estrutura e Patoloxía Médica e Estrutura e Patoloxía Cirurxía (en 2º curso); Enxeñería Clínica e Hospitalaria, e Fundamentos da Tecnoloxía Hospitalaria (en 3º curso); e Tecnoloxía Hospitalaria en cuarto.

De feito, a principios do vindeiro ano, os alumnos da I Promoción xa cursarán no hospital as asignaturas completas -teórica e practica- de Estrutura e Patoloxía Médica e Estrutura e Patoloxía Cirúrxica.