O Apalpador visitou esta mañá Pontevedra

Publicado por o día 12/12/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

O Apalpador visitou esta mañá Pontevedra

Esta mañá Pontevedra recibiu a primeira visita do Nadal: O apalpador que percorreu as rúas céntricas da cidade acompañado dos seus apalpadoriños. Da man de Nelson Quinteiro, encheron a rúa de cor. Mentres que a nota musical a puxo a charanga Mil9, que animou Barcelos, Santa Clara, o centro histórico e pola tarde estará en Campolongo, Rosalía de Castro e tamén no centro histórico.

Estas actividades forman parte do programa de animación de rúa da Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva. Máis información en:

https://www.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2020/12/Programa-NADAL-2020.pdf