O aparcadoiro para persoal do √Ālvaro Cunqueiro √© gratuito dende o 2015 e reduxo √° metade o prezo do parking p√ļblico para os traballadores durante a pandemia

O persoal disp√≥n dun aparcadoiro totalmente gratu√≠to e exclusivo para os traballadores con 726 prazas e outro exterior con 250 prazas. Este aparcadoiro non se completou en ningunha quenda durante os √ļltimos meses
Publicado por o d√≠a 29/05/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

O aparcadoiro para persoal do √Ālvaro Cunqueiro √© gratuito dende o 2015 e reduxo √° metade o prezo do parking p√ļblico para os traballadores durante a pandemia

En relaci√≥n √°s declaraci√≥ns de hoxe do alcalde de Vigo respecto ao aparcamento do hospital √Ālvaro Cunqueiro, hai que aclarar o seguinte:

1-. Desde o ano 2015 o aparcadoiro de persoal √© gratu√≠to para os empregados do Sergas (correndo este con o custo das 726 prazas dispo√Īibles). Contan tam√©n con outro aparcadoiro gratu√≠to exterior con 250 prazas.

2-. Ademais, a aqueles traballadores que prefiren estacionar no aparcadoiro do p√ļblico xeral -e que xa contan con bonos especiais-, se lles reduciu a s√ļa tarifa nun 50%, de xeito que, durante estes meses da pandemia e ata o pr√≥ximo 1 de xu√Īo, solo pagan 15 euros ao mes.

3-.Hai que recordar que para o p√ļblico existe un aparcadoiro xeral coas tarifas moi reducidas, sendo o prezo deste parking, desde decembro de 2015, o m√°is barato de cuantos existen nos hospitais p√ļblicos de Galicia. Asemade, √© o m√°is econ√≥mico de cantos est√°n abertos no municipio de Vigo. A primeira media hora de estancia nos estacionamentos p√ļblicos cubertos √© gratu√≠ta. E a segunda media hora ten un prezo de 0,99 euros. O resto custa 1 euro cada hora, ata chegar a un m√°ximo de 8 euros por 24 horas no parking interior e un m√°ximo de 10 euros as 24 horas no aparcadoiro de Urxencias.

4-. A realidade √© que nestes meses de pandemia o aparcadoiro xeral do p√ļblico rexistrou un pico m√°ximo de ocupaci√≥n de 650 prazas; cando o habitual √© unha media m√°xima de 1700 prazas ocupadas. Porcentualmente representa un 62% menos de ocupaci√≥n, debido fundamentalmente √° reduci√≥n da actividade das consultas externas e as limitaci√≥n das visitas a pacientes hospitalizados. Polo tanto, en ning√ļn momento houbo ning√ļn problema coas prazas de aparcadoiro e os accesos de entrada e sa√≠da sempre foron flu√≠dos.

5-. En total, o Hospital √Ālvaro Cunqueiro disp√≥n de preto de 4.000 prazas de aparcadoiro entre as diferentes superficies destinadas a estacionamento de veh√≠culos.

A Xunta de Galicia est√° a esperar polas 2.824 prazas de aparcadoiro disuasorio municipal que estaban previstas na contorna do hospital e que xa se contemplaban no proxecto sectorial no ano 2008, que eran competencia do Concello de Vigo. Lonxe dos datos anunciados e tras tres anos de retraso, o Concello de Vigo abre un aparcadoiro de 400 prazas.

Este aparcadoiro, a diferenza dos que existen no hospital, dista das instalacións e do edificio preto de 400 metros, que os usuarios haberán de percorrer a pé despois de deixar o seu vehículo.

6-.No Hospital do Meixoeiro existe un amplo aparcamento gratuíto para traballadores e usuarios que van a este hospital.

7-.Dende a √Ārea Sanitaria de Vigo √≠nstase ao alcalde a que reproduza estas medidas nos aparcadoiros do Concello emprazados preto dos centros de sa√ļde, facilitando e abaratando, ou incluso facendo gratu√≠to, o aparcamento de traballadores e usuarios que ach√©ganse aos mesmos. Por citar alg√ļn exemplo, no aparcamento da R√ļa Rosal√≠a de Castro para usuarios e persoal dos centros de sa√ļde de Rosal√≠a de Castro e Beiramar; no da Praza da Independencia para os dos centros sanitarios de Pintor Colmeiro, L√≥pez Mora ou Nicol√°s Pe√Īa; no de Urzaiz para o centro de sa√ļde da R/ Cuba; ou no da Porta do Sol para os do Casco Vello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.