O Arealonga FS Chapela abre o prazo de inscricións baixo as normas sanitarias adaptadas á situación actual

Publicado por o día 02/09/2020 na sección de Deportes,Fútbol Sala,Galicia,Redondela

O Arealonga FS Chapela abre o prazo de inscricións baixo as normas sanitarias adaptadas á situación actual

O Arealonga FS Chapela abre o prazo de inscricións para a nova tempada. Todos os nenos e nenas interesadas en xogar ao fútbol sala poderán participar presentándose nos adestramentos no Pavillón Municipal de Chapela “Manuel González Soto” os martes e venres de 17:00 h. a 19:00 h.

O club formará as seguintes categorías: biberón (2015-2016), prebenxamín (2013-2014), benxamín (2011-2012), alevín (2009-2010), infantil masculino e feminino (2007-2008), cadete masculino e feminino (2005-2006), xuvenil masculino e feminino (2002-2003-2004) e sénior masculino e feminino (≤ 2001). O Arealonga FS non deixa de realizar unha forte aposta polo fútbol sala feminino. No caso da categoría biberón, o primeiro ano no club será gratuíto pero cun número limitado de prazas.

Debido á situación social sanitaria, a volta á práctica deportiva debe de adaptarse ás normas marcadas polas autoridades sanitarias e deportivas competentes. Por iso, o Arealonga FS, realizará adestramentos adaptados á situación actual contando con monitores titulados. Para máis información a través do teléfono ou whatsapp 662.111.339.

Comentar noticia

Your email address will not be published.