O Arealonga FS Chapela – Construcciones Castro declárase campión de liga

Tras a decisión tomada pola Federación Galega de Fútbol e a falta de cinco partidos para concluír a liga, o equipo chapelano que tiña oito puntos de vantaxe no liderado engadiu un novo título proclamándose campión e ascendendo á liga preferente a vindeira tempada. O noso sénior masculino que xogou na liga primeira galega gañou dezasete partidos dos dezanove xogados, resultando un deles un empate.

Ademais, o Arealonga FS Chapela – Construcciones Castro, conta co máximo goleador da liga, acadando Xaime Pérez o récord de cincuenta goles e sendo, ademais tamén o equipo da liga menos goleado.

O club é consciente do complicado momento que están a vivir os seus patrocinadores así como as empresas do concello, polo que quere aproveitar este medio para amosar o seu agradecemento.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario