O Arealonga FS Chapela dá a benvida á nova tempada

Publicado por o día 18/10/2019 na sección de Galicia,Redondela

O Arealonga FS Chapela dá a benvida á nova tempada

Na tarde do xoves, a xunta directiva do Arealonga FS Chapela reuniuse con varios adestradores, delegados e demais corpo técnico do club. Esta reunión foi de carácter informativo onde se estableceron os obxectivos didácticos así como o contido de traballo nas categorías sénior e base. Recordamos que nesta etapa é fundamental incidir especialmente na coordinación psicomotriz, utilizando o xogo como motor central nas sesións de adestramento.

No club, teñen como obxectivo a educación deportiva, o traballo psicomotriz, o adestramento específico de porteiros, o desenvolvemento funcional, estiramentos básicos, a diversión en grupo, o traballo técnico, a deportividade, a motivación e a importancia dos vínculos de amizade.

O Arealonga FS Chapela destaca, como afirmou o seu presidente “polo noso traballo, a nosa humildade e o noso compañeirismo, adxectivos que fan posible que funcione como unha gran familia, sendo esta a base do noso éxito”. Ademais, fan como sempre, unha clara aposta polo fútbol sala feminino.

Comentar noticia

Your email address will not be published.