O Arealonga FS Chapela mostra o seu lado máis solidario

Publicado por o día 28/12/2020 na sección de Galicia,Redondela

O Arealonga FS Chapela mostra o seu lado máis solidario

O Arealonga FS Chapela organiza un “adestramento solidario” o martes 29 de decembro de 2020, destinado á recollida de alimentos non perecedoiros para as familias máis precisadas do Concello
de Redondela, sendo Cáritas, a organización encargada da súa distribución.

Co fin de xuntar deporte e solidariedade, todas as categorías do club, desde sénior ata biberón, realizarán un adestramento benéfico, durante esta xornada, na que cada participante debe de achegar 2 kg.de alimentos.

Os adestramentos, realizaranse do mesmo xeito que toda esta tempada. A categoría pertencente a cada franxa horaria, presentarase nas instalacións xunto aos correspondentes adestradores/ as e aos coordinadores/ as Covid-19, os cales controlarán que se manteña en todo momento a distancia de seguridade interpersoal, o uso obrigatorio de máscara así como a utilización de xel hidroalcohólico tras a actividade deportiva.

Comentar noticia

Your email address will not be published.