O Arealonga FS Chapela nas redes

Publicado por o día 02/05/2020 na sección de Deportes,Fútbol Sala,Galicia,Redondela

O Arealonga FS Chapela nas redes

O Arealonga FS Chapela é un dos clubs municipais que mais actividades ofrece a todos os seus xogadores e familias sen distinguir entre idades. Cónstanos o inicio desta situación, con pasatempos, un parchís, un concurso de debuxos; incluso tendes unha oca personalizada así como tablóns de exercicios coa finalidade de intentar evitar o sedentarismo. Creastes unha liga de retos, con
moito éxito nas vosas redes sociais. Preguntamos a Iván J. Vázquez Figueroa, presidente da entidade: ¿cales son os vosos vindeiros proxectos, para o tempo que nos queda de confinamento?

“Pois agora que chega o tema de poder correr individualmente, comezamos a marcar novos retos aos nosos xogadores e xogadoras sénior, xuvenís e cadetes, onde cada día deben de percorrer unha distancia.

En canto ás categorías base continuaremos traballando na unión dos vínculos de amizade e compañeirismo a través de videoconferencias. En cada unha, buscamos a maneira de participar nelas con xogos (esta semana, por exemplo, toca o “bingo do balón”) así como exercicios.

Agora que xa se pode comezar a saír, o noso proxecto pasa por volver á normalidade pouco a pouco xa que seguro resultará emocionante volver a estar todos xuntos, inda que debamos de ser consecuentes de que debemos de asumir unha serie de precaucións; pero o obxectivo é o mesmo que ao principio do confinamento, estar sempre xuntos inda que sexa na distancia”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.