O Arealonga FS Chapela, organizou un ano máis o seu evento, grazas á coordinación deportiva en colaboración co Concello de Redondela, logrando realizar unha tarde de adestramentos solidarios entre as trece categorías, que desenvolve a entidade no concello.
No día de onte, o clube puido alcanzar o 300 kg. de alimentos non perecedoiros que serán destinados a Cáritas, para a súa distribución entre as familias máis necesitadas do noso concello; continuando así, co seu labor benéfico, e de forma diferente e especial.
Os equipos técnico e directivo xunto cos coordinadores Covid-19, queren agradecer a tódolos/as xogadores/ as a súa participación e en especial, aos pais e nais, polo seu comportamento exemplar seguindo os protocolos establecidos dentro da instalación “Manuel González Soto”.
Noticias de última hora en Vigo