Acceder a dúas vivendas na zona da Insua, na contorna máis próxima á Hípica Amazonas, é agora máis sinxelo. O Concello vén de rematar os traballos de acondicionamento dun camiño municipal que se atopaba en pésimas condicións.
O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) vai atendendo, na medida das posibilidades as numerosas peticións de arranxo deste tipo de viais que recibe. Nesta ocasión a actuación permitiu acabar coas deficiencias dun acceso de terra, pavimentando con formigón un tramo de case 200 metros. Queda así resolta a comunicación coas dúas vivendas, así como con un alboio.
O camiño está situado nunha forte pendente, polo que as súas beiras quedaron tamén acondicionadas para canalizar as augas pluviais. O novo firme de formigón garante o agarre para a circulación rodada, especialmente no empalme coa pista principal, onde a pendente é elevada.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.