O asfalto de Coia trágase un vehículo estacionado

Publicado por o día 22/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

O asfalto de Coia trágase un vehículo estacionado

A vía afundiuse na zona que estaba estacionado un turismo da marca Ford. Bo susto é o que levou o propietario dun coche que literalmente se tragou a terra este venres no barrio vigués de Coia. A gran cantidade de choiva caída en Vigo nos últimos días parece danou a vía na que estaba estacionado o vehículo afectado e provocado o afundimento do asfalto na zona. Os bombeiros de Balaídos retirárono cun guindastre na Baixada á Fonte dos Barros e só houbo que lamentar danos materiais.

O incidente foi á hora para comer pero o dono descubriuno máis tarde e avisou ao guindastre da súa aseguradora para que retirase o vehículo. Con todo, os operarios replicaron que non podían traballar con seguridade por medo a que se agrandase o buraco durante as manobras.

2 Respuestas a "O asfalto de Coia trágase un vehículo estacionado"